Domingo, 15 de noviembre de 2009


Baixo a administración duns rapaces de Padrón e na dirección http://www.pascuadepadron.es.tl a Pascua de Padrón xa conta con un lugar de encontro para todos os seus asiduos. A páxina permite que todos os seus visitantes deixen as súas opinións e comentarios en dous apartados o "Libro de visitas" e o apartado "Opinións". Tamén conta cunha galería fotográfica na que todos e todas poden colaborar enviando as súas imaxes a esta dirección [email protected], enquisas, vídeos, noticias, novidades de última hora, e información de edicións anteriores das famosas festas ocupan os demais apartados da web, algúns destes últimos comezarán a estar activos cando aparezan as primeiras novidades da Pascua 2010.
 
 Con este website preténdese ademáis de dar máis importancia a unhas das festas máis emblemáticas do panorama galego,  informar o concello de que actividades deberían engadirse ao programa festeiro para que as celebracións non decaian nin perdan asiduos. 
 
 Ademais a partir de agora, a Pascua tamén contará con un espazo na importante rede social "Tuenti", co mesmo motivo que a web.
Publicado por albertosantos @ 12:21  | Noticias
Comentarios (0)  | Enviar
Comentarios