
Os membros do xurado dos premios Arousán do Ano nas diferentes
categorías tiveron que ananlizar un total de 50 candidatos finalistas
propostos polos letores de Diario de Arousa a través dos cupóns
remitidos á redacción central do xornal. Un xurado composto por sete
persoas representativas do mundo da cultura, da sociedade e do deporte
arousán analizaron os sobrados méritos de cada un deles nunha xuntanza
celebrada no Restaurante Cordal de Vilagarcía.
O polifacético cesureño Daniel Seijas Llerena, autor de numerosos
artículos sobre a historia da bisbarra. locutor de Radio Valga e
director dun programa xa clásico sobre o mundo das orquestras galegas, foi un dos aspirantes a algún premio.