Hoy dia 7 de Enero de 2008 comenzó en la TVG una serie llamada " os Atlánticos" en la que se muestra uno de los iconos más importantes de Galicia, es decir, las orquestas.Una gran idea de la TVG que esperemos logre dar los resultados que se esperan.
Hoy fué el primer capítulo donde se vieron varios aspectos interesantes de este mundo. Destacar la presencia del palco de la Charlestong Big Band en los decorados exteriores cuando actuaban y de que la canción de la serie es una versión de la Canción " O Son do Son " del grupo " Mordecáns" que fue la 2º mejor canción en el concurso A POLO GHIT 2007.
A continuación os pongo la sinopsis de la serie , que la podeis consultar en
CRTVG:
Os Atlánticos é o nome dunha orquestra de verbenas, salas de festa e discotecas que durante o verán percorre Galicia nunha furgoneta e polo inverno actúa cada fin de semana na macro discoteca Carpe Diem, onde traballan cinco músicos que fan dela a súa vida. Viven nunha vila duns 6.000 habitantes, tan pequena como para que todo o mundo se coñeza e grande dabondo como para albergar unha intensa actividade.
Aínda que o arco principal das tramas está estruturado coma un thriller, a serie está baseada en feitos cotiáns e recoñecibles polo espectador; así haberá historias en torno á orquestra e ás súas peripecias por Galicia, pero tamén argumentos que mesturan situacións comúns na vida de calquera, ata o punto de que certas polémicas sociais veranse reflectidas nalgúns argumentos, que bascularán entre o drama e a comedia: a obsesión da muller de Carlos (o protagonista) por manter a aparencia dun matrimonio feliz; as dificultades para manter un adulterio secreto na vila; as relacións amorosas por Internet; o matrimonio homosexual dun amigo da infancia ou as leccións para aprender a seducir...son algúns destes exemplos.
As sucesivas tramas están vertebradas en torno a un misterio que ten moitos elementos cotiáns: Laura, a vocalista de Os Atlánticos, está desaparecida e aparentemente non deixou rastro, así que a orquestra substitúea por Silvia, que non logra desfacerse da fantasma da súa predecesora. Carlos, que inicia unha relación adúltera con Silvia, empeza a ter certas sospeitas sobre Xurxo, quen, antes da desaparición de Laura, recibiu dúas chamadas dela. Pero Iván, amigo de Carlos e de Xurxo, tamén sospeita de Carlos, quen mantivo unha reunión con Laura sobre pagos de impostos relacionados con contas correntes...Desesperado por atopar a súa moza, Xurxo acode a un programa de televisión para mandarlle unha mensaxe pública a Laura pedíndolle que regrese
Gracias por visitar esta página